Conecta CON SENTIMENTO é unha APP con información e recursos acerca da violencia de xénero dirixida principalmente á xuventude de Arteixo, que pode descarrregarse xa nas plataformas de iOS e Android.
O obxectivo desta aplicación é a abordaxe e a detección de indicadores de abuso nas relacións de parella, dos mitos do amor romántico e da importancia de manter relacións igualitarias e libres de machismo.
A aplicación permite que a rapazada poida analizar de xeito anónimo e por si mesmos/as ás súas relacións de parella e tirar as oportunas conclusións.
Dispón dun apartados de suxestións e consultas directas co CIM que serán tratadas de xeito totalmente confidencial. Conta tamén cun apartado onde se recollen os outros recursos aos que acudir no caso de ser preciso.
Esta nova ferramenta chega na semana de actos con motivo do 25N co que trátase de concienciar á población sobre a necesidade de erradicar a violencia machista e de traballar en igualdade.
No que vai de ano 2021 o CIM tratou 30 novos casos de violencia de xénero. O ano 2020 rexistráronse un total de 47.
No relativo ao número de fillos/as de mulleres vítimas, ascende a un total de 41 casos, dos cales un 68% son menores de idade.
Das 30 mulleres atendidas por primeira vez por unha problemática de violencia de xénero neste ano, un 30% non presentaron denuncia contra a súa parella o que supón un incremento dun 14% de mulleres que non denunciaron respecto ao ano pasado.
Un 60% delas acudiron ao servizo por iniciativa propia, seguido dun 23 % que chegaron a través de derivación da Garda Civil. O resto dos casos chegaron a través de derivacións dos Serv. Sociais municipais principalmente, de amizades, outras entidades ou directamente por derivación do xulgado.
Do total dos casos novos, un 77% mantiñan unha relación matrimonial ou de parella con convivencia co agresor, un habendo polo tanto un 23% de agresores que maltrataron ás súas parellas logo da rotura da relación.