Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo celebra un ano máis o 8 de marzo

/ Arteixo celebra un ano máis o 8 de marzo

/ Arteixo celebra un ano máis o 8 de marzo

Actividades culturais, de concienciación e debate conforman a programación que, con motivo do Día Internacional da Muller, deseñou o Concello de Arteixo a través do Centro de Información ás Mulleres.

Este departamento xa traballa durante todo o ano nun programa de formación en igualdade e prevención da violencia machista en todos os centros educativos. Cada 8 de marzo súmanse a este traballo anual, unha serie de actividades que pretenden visibilizar ese traballo e apoiar, de forma explícita, as reivindicacións da xornada.

O programa de actividades inclúe unha nova edición da xornada «Arteixo activo…en feminino». Será o 8 de marzo con un espazo de conciliación, no Centro Arteixo Innovación, no que terá lugar un coloquio coa participación de mulleres de distintos ámbitos da empresa e a sociedade baixo o tema «Muller: maternidade vs sexualidade?». Nesa xornada tamén se recoñecerá á muller Arteixo 2022.

O calendario de actividades, que iníciase o 8 de marzo exténdese ata finais de mes.

Ir al contenido