Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo adica 41.400 € para a subvención de actividades e equipamentos culturais

/ Arteixo adica 41.400 € para a subvención de actividades e equipamentos culturais

O Concello fai pública, tras a súa publicación no BOP Nº 87 do 9 de maio de 2022, a convocatoria de subvencións para actividades e investimentos culturais durante o 2022 ao abeiro das bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva que fora publicada no BOP Nº 215 DO 16/12/2020

O obxectivo é apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades así como na adquisición de equipamentos para as programacións que desenvolvan en materia de Cultura.

O prazo de solicitude finaliza o 8 de xuño.

As solicitudes poden facerse de forma telemática a través da sede electrónica ou de forma presencial no Servizo Municipal de Cultura no CCC de Arteixo en horario de 9:00-14:00 h. Atenderase sen cita previa por orde de chegada. Tamén pódese acodir a outros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.

Os interesados teñen que achegar a seguinte documentación:

Amexo 1.-Solicitude

Anexo 2: xustificación

Ir al contenido