O auditorio do centro cívico Manuel Murguía volve a acoller, un ano máis, un dos concertos programados polo ciclo «Elas son artistas», Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, que alcanza a súa VIII edición
O venres 6 de xuño chega Leria, indie galego de calidade cunha das propostas máis frescas do panorama musical galego. Nadas nas rúas da Coruña en 2021, presentan agora o seu primeiro disco Marusía, un traballo que recolle dous anos de música en directo.
Leria foron gañadoras do Concurso Novos Valores 2023 do Festigal e finalistas dos Premios Martín Códax 2024 como «Mellor Artista Emerxente»
A cita é ás 20.30h e as entradas, a 3 e 4€, pódense adquirir aquí