Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo acolle a presentación do novo número da revista Follas Novas adicado íntegramente a Murguía

/ Arteixo acolle a presentación do novo número da revista Follas Novas adicado íntegramente a Murguía

A Fundación Rosalía de Castro presenta este venres ás 19.00 horas no Centro Cívico Cultural de Arteixo o número 7 da revista de estudos rosalianos, ’Follas Novas’, que nesta ocasión será un monográfico dedicado a Manuel Murguía no centenario do seu pasamento. Será nun acto que contará coa intervención do director da revista, Xosé Luís Axeitos; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; a profesora Pilar García Negro; e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, que moderará Alfredo Ferreiro, director literario do Certame Murguía.

Neste sétimo número de ‘Follas Novas’, que patrocina o Concello de Arteixo -onde naceu o intelectual galeguista-, atopamos artigos e investigacións de diversos expertos na vida e obra de Murguía. É o caso  de Xosé Estévez, Manuel Forcadela, Xosé A. Fraga, Narciso de Gabriel, Aurora López e Andrés Pociña, José Luís do Pico e Francisco Rodríguez, entre outros.

A temática vai desde a súa ascendencia vasca, o seu celtismo, a súa relación co naturalista Vítor López Seoane, o seu pensamento sobre o medioevo, unha publicación escolar que realizou (‘La primera luz’), ou o apéndice musical da súa ‘Historia de Galicia’, entre outros.

Ir al contenido