Inicio > Antía Yáñez por "As regras" gañadora da XXXIII Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía
/ Antía Yáñez por «As regras» gañadora da XXXIII Edición do certame de narracións breves Manuel Murguía
O Centro Cívico de Arteixo acolliu o venres 10 de maio o acto de entrega dos premios de relato breve Manuel Murguía organizados polo concello de Arteixo.
A organización do certame presentou os finalistas durante unha cerimonia de entrega de premios que se desenrolou no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.
O xurado decidiu por unanimidade premiar as seguintes obras finalistas:
As guerras pequenas, presentada baixo o lema “Chichabel” e con autoría de Clara do Roxo, que finalmente acadou o terceiro posto do certame.
Eivas, presentada baixo o lema “Isaac Ferguson” e con autoría de Óscar Reboiras, segundo posto.
As regras, presentada baixo o lema “Cardeñoso” e con autoría de Antía Yáñez, que foi a gañadora.
Os premios, que se coñeceron durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000€ e a edición da obra para o primeiro, 2000€ e a edición da obra para o segundo e 1000€ e a edición da obra para o terceiro.
No acto de entrega o xurado fixo unha valoración sobre as obras premiadas así como sobre a presente edición do certame do que destacaron «que nesta edición se teña contado cun grande número de relatos de calidade. Tamén queremos resaltar unha importante heteroxeneidade de estilos, a variedade dos temas a tratar e a orixinalidade no tratamento dos mesmos.”
XXXA ceremonia contou coa actuación musical de Paty Lestae unha lembranza da escritora Luisa Villalta(autora homenaxeada no Día das Letras Galegas).