Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A XXXI Edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía xa coñece aos seus finalistas

/ A XXXI Edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía xa coñece aos seus finalistas

O xurado da XXXI edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía da a coñecer os tres finalistas que este ano optan a se facer co preciado galardón.

Trátase das obras «En directo» de Natalia Alonso Ramos; «O rubor da dignidade» de José Ignacio Silva Regueira; e «Somos Adán e nada somos – Le temps, mon ami, le temps!» de Francisco Rozados Rivas.

O xurado composto por Antía Yáñez Rodríguez, nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; María López Sández, nomeada pola Asociación Galega da Crítica;  María Aránzazu Portabales Santomé como gañadora do 30º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía; e Alfredo J. Ferreiro Salgueiro, director literario do Certame reuniuse o pasado 13 de abril e tomou a súa decisión por unanimidade.

O gañador, que se dará a coñecer na cerimonia habitual de entrega que terá lugar o 20 de maio ás 20.30 h no Centro Cívico de Arteixo, farase cun premio de 4.000 euros e a edición da obra. O segundo premio está dotado con 2000€ e a edición da obra, mentres que o terceiro clasificado gañará 1000€ e a edición da obra.

O acto de entrega servirá para presentar o libro, editado para a ocasión, «A garza en chamas»que recolle os  nove relatos finalistas das últimas tres edicións do Certame. A parte musical correrá a cargo de Belém Tajes.

O evento, que finalizará cun viño de honra aos asistentes,  incluirá ademais unha lembranza da figura de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Ir al contenido