Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O Concello publica hoxe no BOP a aprobación inicial do proxecto de distribución de parcelas da Unidade de Actuación 62. Trátase dun proxecto do concello que continúa os trámites urbanísticos iniciados coa modificación puntual das normas e que ten como obxectivo urbanizar un tramo de 50 metros que conectará a avendida de Baldomero González coa Travesía de Arteixo.

O vial deseñado para estes 50 metros ten un ancho de 16 metros que permitirá da unha saída á Avenida de Baldomero cara á Travesía de Arteixo. Tamén creará novas zonas verdes e se ampliarán as que xa existen nas marxes do paseo fluvial. Na marxe que discorre paralelo ao paseo tamén suporá a ampliación do ancho do paseo.

A conexión orixinal destas rúas provocaba una pendente demasiado empinada. O novo proxecto conecta ambas vías cunha pendente máis suave e adecuada para a circulación do tráfico. O plan tamén obrigou a modificar o Plan de Ordenación do Litoral debido a que a lei tamén obriga a realizar esta modificación por encontrarse no ámbito de actuación do río Bolaños.

O documento aprobado no BOP lembra que a modificación puntual das normas foi aprobada o 23 de xaneiro de 2019. Posteriormente acórdase tamén o procedemento de aprobación do correspondente proxecto de urbanización. A zonificación urbanística defínese mediante las seguintes superficies: espazos libres públicos (zonas verdes) 687,25 m²; equipamento público (edificio) 306,80 m²; viario e aparcamento 1.142,50 m²; e edificable para usos privados, 485,00 m² .

Como marca a lei, os gastos de urbanización das zonas públicas terán que ser pagados polos propietarios dos suelos edificables para usos privados.Neste caso o cómputo total de estos gastos son cerca de 250.000 euros, que o documento xa explicita que “se repartirá sobre p aproveitamento lucrativo real sobre os titulares privados”.

 

 

Ir al contenido