Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

A trixésima edición do Manuel Murguía homenaxea ao concelleiro impulsor deste certame

INICIO > A trixésima edición do Manuel Murguía homenaxea ao concelleiro impulsor deste certame

José Manuel Piñeiro Balay foi o concelleiro de cultura que apostou pola creación deste certame literario hai 30 anos

A 30ª edición do certame de Narracións Breves Manuel Murguía serviu para homenaxear a José Manuel Piñeiro Balay, concelleiro de Cultura propulsor da creación deste certame no momento da súa creación. Dende agora unha placa co seu nome pode verse nunha das butacas do Auditorio do Centro Cívico de Arteixo. Tamén se lle entregou unha peza conmemorativa en recolecemento ao seu labor ao fronte daquela concellería.

Foi unha das iniciativas nacidas ao amparo da programación cultural desta trixésima edición. Tamén inaugurouse o Paseo das Letras. Coa apertura deste espazo, nas inmediacións do paseo fluvial, o Concello puxo a primeira pedra nas celebracións. O novo paseo das letras servirá de recoñecemento a todos os gañadores deste certame.

A inauguración deste novo espazo contou coa presencia dos representantes de todos os partidos políticos e a actuación musical do gaiteiro Óscar Miranda Lodeiros, quen interpretou o himno do Antigo Reino de Galiza.

Tamén cumpriuse a tradición de plantar unha nova árbore.

Setenta orixinais presentáronse á 30 edición do certame de Narracións Breves. A entrega de premios, conducida por Xurxo Souto, serviu para que Alfredo Ferreiro, director do certame, recoñecese o traballo dos seus predecesores, do Servizo de Cultura, do xurado de 2021, paritario na súa composición nos últimos anos e que conta coa colaboración permanente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega e coa Asociación Galega da Crítica. Tampouco se deixou de agradecer a participación dos máis de 70 traballos recibidos no Certamen, nin a presenza do público a un acto que estaba a ser gravado integramente.

O gañador, según o ditame do xurado foi María Aránzazu Portabales Santomé, polo relato Xanelas, presentado baixo o lema “Rosalía Pousada”,e premiado con 4000 euros e a edición da obra.

En segundo lugar concedeuse o premio a Gabriel Gómez Estévez, polo relato A caverna de Lara, presentado baixo o lema “Moura do Bosque”, premiado con 2000 euros e a edición da obra.

A terceira premiada foi Cecilia Fernández Santomé, polo relato As orfas daquel verán, presentado baixo o lema “Maggie Moon”, premiado con 1000 euros e a edición da obra.

Ademais dos premios, as persoas galardoadas recibiron unha peza escultórica de Dores Polo e Benito Freire, obra en miniatura e peza única que lembra outra maior dos mesmos autores situada no xardín da fachada do Centro Cívico Cultural, instalada en novembro pasado para inaugurar a conmemoración do Certame.

murguia

 

Ir al contenido