Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A tradición regresa en primavera cunha nova edición do concurso dos «maios»

/ A tradición regresa en primavera cunha nova edición do concurso dos «maios»

A Concellaría de Cultura convoca a X edición do Concurso de Maios, a cita máis tradicional da Festa das Flores.

As Bases Reguladoras aprobáronse na Xunta de Goberno Local do 6 de febreiro

Os maios participantes serán expostos na Avda. do Balneario o venres 23 de maio co fin de festexar a chegada da primavera, promover a tradición, o respecto á natureza e fomentar a creatividade e o goce polo artístico.

Mantense a existencia de dúas modalidades:

  • Maio Tradicional: o que representa formas de pirámide, cono ou cruceiro elaborado con materiais naturais, tradicionais e típicos de Galicia (madeira, flores silvestres, froitas, xestas, musgo…)
  • Maio Artístico: o que recrea figuras humanas, escenas cotiás, monumentos, obras de arte ou a representación libre dos maios, podendo utilizar calquera tipo de material.

As súas medidas deben oscilar entre 1,5 e 2 metros de altura e cada modalidade está dotada cun único premio de 400 €, concedéndose un premio especial para centros educativos, tamén de 400 €. Ademais, outorgaranse premios de 100,00 € pola participación logo da comprobación e estudo, por parte do xurado competente, de que o Maio está debidamente elaborado. O número de maios non poderá exceder de 22, polo que serán admitidos por rigorosa orde de inscrición.

As inscricións póndese descarregar aquí Os participantes poden facela chegar por sede electrónica ou no SM de Cultura, antes das 14:00 h do día 16 de maio de 2025.

Os traballos gañadores daranse a coñecer o venres 23 de maio na Praza do Balneario ás 13:00 h e no caso de choiva, na Capela do Balneario.

Ir al contenido