A Capela do Balneario acolle o próximo 24 de outubro unha nova edición do ciclo, organizado polo CiM «A saúde das mulleres».
«A roupa interior feminina: impacto na postura corporal e nas emocións» centrará esta xornada na que intervirán a Concelleira de Igualdade, sanidade, servizos sociais e educación Inés Ramos; Beatriz Lema da Escola Gallega de Benestar e as técnicas en corseteiría Johana Díaz, Manuela Núñez e María José Vitoria.
A cita será ás 17h. As persoas interesadas deben inscribirse chamando ao CIM: 981601415