Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A prevención da violencia de xénero no ámbito dixital chega ao alumnado dos IES Sabón e Manuel Murguía

/ A prevención da violencia de xénero no ámbito dixital chega ao alumnado dos IES Sabón e Manuel Murguía

/ A prevención da violencia de xénero no ámbito dixital chega ao alumnado dos IES Sabón e Manuel Murguía

O Centro de Información ás Mulleres, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade pon sobre a mesa as oportunidades que brinda o uso das novas tecnoloxías así como os riscos potenciais que pode presentar o seu uso.

Será o venres 11 de febreiro nunha actividade orientada a estudantes de bacharelato e que se desenvolverá nos IES de Sabón e Manuel Murguía co obxectivo de fomentar a adquisición de competencias en materia de igualdade e previr as diferentes formas de violencia a través da Internet.

A prevención da Violencia de Xénero no contexto dixital trátase de incentivar entre a mocidade o debate reflexivo sobre as prácticas que se realizan, e de promover o uso adecuado e responsable das redes, así como ofrecer orientación sobre medidas para protexerse e evitar conflitos.

 

 

Ir al contenido