Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > “A parábola do Angazo” de Talía Teatro abre as citas culturais do outono

/ “A parábola do Angazo” de Talía Teatro abre as citas culturais do outono

O auditorio do Centro Cívico Cultural acolle, o vindeiro venres 26 de setembro ás 20:30 horas, a representación da comedia “A parábola do Angazo”, producida pola compañía Talía Teatro.

A obra, dirixida por Diego Rey e interpretada polos actores Artur Trillo e Toño Casais, propón unha celebración da lingua galega a través do humor. O espectáculo convida a rir co presente, reflexionar sobre o pasado e mirar con retranca cara ao futuro, coa lingua como auténtica protagonista.

A función está dirixida a público adulto e ten unha duración aproximada de 70 minutos. As entradas teñen un prezo de 3 euros (2,25 € con desconto) e poden adquirirse a través da plataforma «eventosarteixo» ou no despacho de billetes do propio centro dúas horas antes do inicio.

Ir al contenido