O Auditorio CCC de Arteixo acolle ovenres 14 de marzo, ás 20:30 horas, o espectáculo Cantares Atlánticos, unha proposta multidisciplinar que fusiona música e poesía, de Soledad Vidal (soprano) e Aurelio Viribay (pianista).
Cantares Atlánticos é un tributo ás mulleres de Galicia, á súa forza e resistencia; un retrato de Galicia como un pobo marcado pola incerteza, pero tamén pola esperanza e o desexo de regreso. O mar e as despedidas, que tan profundamente marcan a cultura galega, son elementos chave nesta historia de loita e renacemento, que tamén alude á capacidade de mirar cara atrás, á súa «Negra Sombra», para poder celebrar a vida.
As entradas, a 3 e 4€, pódense adquirir aquí ou o día do concerto en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo (ás 18:30 h) no despacho de billetes do CCC de Arteixo Manuel Murguía.