Casas de pedra, alpendres, leiras e muiños. A mediados dos anos 60 a fotografía do que hoxe é o Polígono de Sabón era a dunha aldea do rural galego. Un lugar que baseaba a súa vida e a súa economía no cultivo e o gando.
Xabier Maceiras indaga, xunto con Xosé Bocixa, naquela historia e nas testemuñas que quedan daquela vida.
Este venres 11 de xuño Xabier Maceiras e Xosé Antón Bocixa estarán ás 20:30 h no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo presentando o documental 12 Leiras que xa se estrenara en Arteixo en 2019 con gran éxito.
As entradas, a 3 € e 2,25 €, pódense adquirir o venres en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do comezo da proxección.