Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A exposición itinerante do XV Premio Luís Ksado de creación fotográfica chega ao Centro Cívico Cultural

/ A exposición itinerante do XV Premio Luís Ksado de creación fotográfica chega ao Centro Cívico Cultural

A exposición itinerante do XV Premio Luís Ksado de fotografía, unha das apostas anuais máis importantes do departamento de Cultura da Deputación da Coruña pola creación artística, chega este xoves ao Centro Cívico de Arteixo, onde poderá visitarse ata o 8 de marzo.

A mostra itinerante está formada por Atrapados ás portas de Europa, de José Manuel López, unha colección de imaxes que crean un relato visual sobre a viaxe das persoas refuxiadas a través das montañas de Bosnia; Tempos de pandemia, de Brais Lorenzo, un traballo documental que resume, en clave galega, a crise sanitaria, económica e social que cambiou o modo de vida en todo o planeta desde  primeiros de 2020; Horizonte de area de Javier Atienza sobre o exilio do pobo saharauí; Morrer de soños, de Clemente Bernard, sobre os desaparecidos na Guerra Civil; Estrada descoñecida, de Jesús Caballero, sobre as paisaxes da decadencia e o abandono; Segunda pel, de Miguel Gómez Muñiz, unha serie de retratos que relacionan o ámbito profesional e privado das mulleres mariscadoras; e A esmorga, de Jesús Madriñán, centrada no universo da mocidade de festa na madrugada.

 

Ir al contenido