Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A exposición de Juan Menéndez chega ao Centro Cultural de Arteixo

/ A exposición de Juan Menéndez chega ao Centro Cultural de Arteixo

Este venres 1 de outubro ábrese ao público «As luces do mar» unha exposición de maquetas elaboradas por Juan Menéndez.

A mostra que se poderá visitar até o 19 de outbro é unha homenaxe a toda unha vida dedicada á maestría artesanal na recreación de elementos de arquitectura civil da nosa contorna xeográfica: hórreos, faros, pontes e torres.

Juan Menéndez Eiras, natural de Culleredo, ten na actualidade 92 anos e é un dos usuarios do Centro Residencial de Arteixo. Enxeñeiro de profesión, dedicou toda a súa vida á construción de maquetas durante o seu tempo de lecer, afección que lle permitiu facer máis levadío os momentos máis duros do confinamento por mor da pandemia do COVID-19 e que o levou a protagonizar a campaña publicitaria promovida pola Xunta de Galicia «Grazas, persoal sociosanitario«.

Ir al contenido