MundoOtaku chega a Arteixo para se converter nun espazo de encontro entre os amantes da cultura nipona.
Será no pavillón do CEIP Ponche dous Brozos, o 10 e 11 de agosto de 2024, e ofrecerá diferentes actividades para todos os públicos entre os que non faltarán talleres, charlas, exhibicións, concursos con máis de 1000 euros en premios, gaming, k-pop e zona de restauración.
O evento está organizado polo Concello, e será completamente gratuíto para os asistentes e para aqueles que queiran montar unha caseta. Ademais, os artistas residentes de Arteixo e aquelas persoas que teñan o seu negocio -relacionado con esta temática- neste concello, terán unha vantaxe extra.
O prazo de inscricións para casetas xa se atopa aberto ata o día 26 de xullo ou ata cubrir os espazos dispoñibles. Aqueles que queiran gozar da prioridade por residir no municipio, deberán formalizala antes do 7 de xullo. As solicitudes para os concursos, formularios de inscrición e a programación completa pode descarregarse neste enlace.