Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A cultura nipona, aventura a cabalo e actividades mariñas, propostas para o verán da mocidade

/ A cultura nipona, aventura a cabalo e actividades mariñas, propostas para o verán da mocidade

O Departamento de Xuventude prepara un «Veraneo molón» para toda a mocidade.

A proposta divídese en tres apartados que inclúen, desde actividades como vela, kayak e paddlesurf, con distintas quendas no mes de xullo e un custe de 15€; ata saídas a cabalo polo val de Barrañán en varias quendas de agosto e con un custe de 10€.

Súmase ademáis o «Mundo Otaku Arteixo», un evento dirixido á mocidade afín á cultura xaponesa e coreana con espazo para amantes do manga, anime, cosplay, gaming e lecer alternativo en xeral. Será os días 10 e 11 de agosto e trátase dunha iniciativa gratuita.

O programa busca fomentar a participación dos grupos naturais de mozas e mozos, dándolle prioridade ás inscricións por orde de presentación no Rexistro municipal, sen sorteos.

As inscricións deberán facerse cubrindo o formulario dispoñible neste enlace
Para aclarar calquera dúbida, o público debe comunicarse a traveso do correo electrónico xuventude@arteixo.org
Ir al contenido