Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A cultura enche de música as vésperas da Noiteboa e fin de ano

/ A cultura enche de música as vésperas da Noiteboa e fin de ano

A música protagoniza esta semana de Nadal en Arteixo. Finalizado o Outono Cultural, a concellería programa para o xoves 23 de decembro e o 30 de decembro dous espectáculos musicais.

O xoves 23, ás 20h, será o turno de The 4 Stations, un grupo clásico que mestura música lírica con pop, formado por catro compoñentes de España con impoñentes voces e impecable presenza sobre o escenario. O seu espectáculo «O Espírito do Nadal» é un musical repleto de panxoliñas clásicas eunha selección dos grandes éxitos de Il Divo

As entradas, a 4 e 3 € poden adquirirse o propio día da función en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo.

Xa a semana próxima, o xoves 30 e para os máis pequenos, un percorrido musical en directo, polos temas mais famosos da discografía infantil. Desde «La Gallina Turuleta» a «Susanita tiene un ratón» ou «Veo, Veo» entre outros.

La Granja Infantil comezará ás 19:00 h no auditorio do Centro Cívico e as entradas pódense mercar o propio día da función en horario de 11:30-13:30 h ou 2 horas antes do seu comezo ao prezo de 3 e 2,25 €.

En ambos espectáculos, todas aquelas persoas maiores de 12 anos que desexen asistir como público, para ter acceso a instalación, deberán exhibir certificado COVID ou proba similar recollida como medida preventiva na Orde do 14 de decembro publicada no DOG nº 241 do 17 de decembro de 2021

Ir al contenido