Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A concellería de igualdade visibiliza entre o alumnado do IES Pastoriza o papel das mulleres na ciencia

/ A concellería de igualdade visibiliza entre o alumnado do IES Pastoriza o papel das mulleres na ciencia

/ A concellería de igualdade visibiliza entre o alumnado do IES Pastoriza o papel das mulleres na ciencia

A Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación Inés Ramos presentou no IES Pastoriza o WIDS Coruña (Women in data science), unha iniciativa que busca inspirar ás novas xeneracións, educar e, sobre todo, visibilizar o papel das mulleres na ciencia.

A concelleira insitiu en que está cientificamente demostrado que, visibilizar estes perfís aumenta o número de alumnado feminino que estuda profesións STEAM, é dicir, relacionadas coas disciplinas de coñecemento da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas.

Esta iniciativa complétarase con outra sesión dirixida ao alumnado do IES Manuel Murguía, e abarcará así a todo o alumnado deste nivel matriculado nos centros educativos municipais.

A formación inclúe materiais de difusión e concienciación para o alumnado participante, así como dinámicas para que o profesorado poida seguir empregando nas aulas para dar a coñecer as referentes femininas nestas profesións.

Ir al contenido