Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A concellería de cultura programa un inverno repleto de actividade

/ A concellería de cultura programa un inverno repleto de actividade

A Carteleira de inverno da Concellaría de Cultura e Xuventude traerá a Arteixo compañías xa consagradas no panorama teatral galego así como espectáculos musicais, monicreques, circo ou exposicións.

Duranto os próximos meses recibiremos a visita de, entre outras, Tanxarina cunha coprodución coa Compahia Certa da Varazim Teatro dirixida por Quico Cadaval; Berrobambán que aúna o talento de tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María Pontragha e Vero Rilo; David Amor e Josito Porto nunha comedia de Etiqueta negra, «Go home«, unha parodia sobre o turismo; e dúas compañías de fóra de Galicia, Katua&Galea de Salamanca cun espectáculo de monicreques para público infantil «La Bruja Rechinadientes«, que abrirá a programación o venres 10 de xaneiro e a de Teatro Clásico de Sevilla cunha obra galardoada con 3 premios Escenarios de Sevilla a mellor espectáculo, mellor actriz e mellor adaptación teatral, «La violación de Lucrecia«.

A música estará presente con Misuria, Blues tradicional, unha banda que homenaxea a música tradicional norteamericana dende a súa raíz blusera e que conta como integrante á arteixá Alba Clemente.

Consulta aquí a programación completa.

Ir al contenido