Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A Concellaría de Cultura pon en marcha un laboratorio de Cinema para o mes de agosto

/ A Concellaría de Cultura pon en marcha un laboratorio de Cinema para o mes de agosto

O Gato de Don Corleone. Con este título a concellería de cultura pon en marcha o primeiro laboratorio cinematográfico de Arteixo.
Trátase dunha iniciativa que pretende axudar aos máis novos a descobrir a maxia do cinema e que finalizará coa realización dunha curtametraxe.
Impartido por Federico A. Rioboo, o laboratorio é unha actividade gratuita que se desenvolverá os luns do próximo mes de agosto na Capela do Balneario en horario de 10:00 -13:30 h. Está dirixida principalmente a persoas de entre 11 e 17 anos.
O prazo para inscribirse finaliza o próximo 28 de xuño. Os interesados teñen que enviar este formulario cuberto a cultura@arteixo.org
Ir al contenido