Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A compañía Náufragos abre a programación cultural de inverno coa posta en escena de "Hugo"

/ A compañía Náufragos abre a programación cultural de inverno coa posta en escena de «Hugo»

A Concellería de Cultura encherá de maxia, teatro e poesía as próximas semanas cunha programación cultural para todos os gustos.

A compañía Náufragos abren este novo ciclo o próximo 20 de xaneiro coa posta en escena dun espectáculo infantil sobre o trastorno do espectro autista. Trátase de «Hugo», unha obra dirixida por Gustavo del Río e protagonizada por María Rojas e Jimmi Núñez que foi galardoada na edición 2022 dos premios María Casares como mellor espectáculo infantil.

Hugo sitúa ao espectador cara a cara coa empatía e a necesidade da comunicación e de apreciar as diferencias entre personas como algo fermoso.

A venda de entradas realizarase a través do portal web ou na billeteira do CCC de Arteixo o día da función en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo. Prezo da entrada: 4 e 3 €

Ir al contenido