A programación cultural de inverno chega ao seu punto e final o próximo venres 18 de marzo e faino coa posta en escena da segunda compañía concertada máis valorada polo INAEM do Ministerio de Cultura e unha das de maior relevancia da escena española.
Atalaya chegan dende Sevilla para poñer sobre o escenario do Auditorio de Arteixo toda a riqueza e valor dunha obra única da literatura castelá. «Celestina, la tragicomedia», é unha peza exquisita que obtivo dende os seus inicios un gran éxito de público e crítica, destacando polo seu dinamismo, forza e calidade interpretativa do seu elenco artístico.
A cita, o venres ás 20.30 h no auditorio do centro cívico de Arteixo. As entradas costarán 4 e 3 €.