A Capela do Balneario acollerá o próximo xoves día 14 de novembro, a presentación do libro «Moito que contar» do que son autores Moncho Viña, Alfonso Hermida, Henrique Rabuñal e Adrián Viña.
O acto contará coa presenza da familia de Arsenio Iglesias, fillo predilecto de Arteixo e mítico adestrador do Deportivo de A Coruña que é a figura clave deste libro.
A presentación estará presidida por Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, e contará cos autores do libro editado por Baía. Para asistir é
preciso solicitar a invitación no Departamento de Cultura do concello arteixán.