ZEC Costa da Morte
Dentro da Rede Natura 2000 distínguense os ZEC (Zonas Especiales de Conservación) Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea co obxeto de salvagardar e conservar a biodiversidade dos espazos naturais máis importantes de Europa… ver ZEC
Reserva da Biosfera
Arteixo forma parte da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, declarada no ano 2013, a reserva ten unha superficie de 116 mil hectáreas e acolle 49 tipos de hábitats naturais considerados prioritarios para a conservación.
As reservas da Biosfera están comprendidas por distintas áreas que van dende a zona de maior interés ambiental (Zona Núcleo), a área que rodea esta zona (Zona de Protección) e resto do territorio (Zona de Transición)
O programa “Persoa e Biosfera” da Unesco ten como obxetivo fomentar o desenrolo sostible nas zonas do planeta de maior representatividade natural.
Arteixo conta con espazos de interés ambiental. Destacamos o ZEC Costa da Morte que vai de Fisterra até praia de Sabón. As costas de Arteixo son un lugar espléndido para a observación de aves mariñas e cetáceos., máis doado velos entre abril e outubro.