Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Maxia, teatro e arte propostas do outono cultural para os últimos meses do ano

/ Maxia, teatro e arte propostas do outono cultural para os últimos meses do ano

A Concellería de Cultura desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro un amplo programa de actividades que conforman o ciclo do Outono Cultural 2025. A programación inclúe propostas de cinema, teatro, música, maxia, exposicións e espectáculos para público infantil e familiar, consolidando unha oferta cultural diversa e de calidade para todos os públicos.

No ámbito cinematográfico, o ciclo comezará o 3 de outubro con Sen alma de Iago Barrado e continuará o 7 de novembro con Tallos pasos de María Casares de Isabel Blanco. Entre os espectáculos familiares destacan Meco e sono de Xarope Tulú, Transhumancia da Charanga O Paporrubio, Muiñada de Galeatro e Xograría, contos arredor da terra de Alba de Vales.

O teatro tamén terá un papel protagonista con títulos como As R(h)umorosas de Etiqueta Negra, Os que están sempre de Excéntricas, Made in Galiza de Sarabela Teatro, As Gardas de Teatro de Ningures e Nosa dos náufragos de Teatro Naufraxio. No apartado musical, o ciclo contará coas actuacións de Os Viqueiras, As Pandeireteiras de Xacarandaina e Banzø de Os do Fondo da Barra.

A programación complétase coa Gala Máxica de Joshua Kenneth e Amigos o 5 de decembro e varias exposicións no Centro Cívico Cultural Manuel Murguía, entre as que destacan a mostra de fotografías antigas da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Arteixo, Nunca podre comprar un Land Rover de Jorge Labandera e Chicas nuevas 24 horas de Mabel Lozano.

Pódese consultar a programación completa aquí

Ir al contenido