Do 12 de setembro ao 3 de outubro de 2025, a Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía acolle a mostra Miradas interiores, da artista Novais.
Unha exposición que xorde do máis íntimo da autora, transformando emocións, soños e ideas en lenzos cheos de cor e vitalidade.
Novais conta cunha ampla traxectoria artística, con múltiples exposicións en distintos centros culturais ao longo dos anos, consolidándose como unha creadora de referencia no panorama artístico galego.
Será na Sala de exposicións do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía (Arteixo) e pódese visitar ata o 3 de outubro de 2025
A cidadanía poderá mergullarse no universo creativo de Novais e descubrir unha obra que conecta directamente coas emocións.