Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Arteixo entrega os premios amArte 2025 para recoñecer ás compañías de teatro que participaron no I Certame Amador

/ Arteixo entrega os premios amArte 2025 para recoñecer ás compañías de teatro que participaron no I Certame Amador

O Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía acolleu a tarde do sábado a gala de entrega dos Premios amArte 2025, que recoñeceron o talento e compromiso das compañías participantes no I Certame de Teatro Amador do Concello de Arteixo.

O xurado, designado pola Concellaría de Cultura e formado por Mariola Cerdeiro Castro, Manuela Varela Quintas e Javier Ramilo Graña, destacou o elevado nivel artístico amosado nas representacións e decidiu outorgar os seguintes galardóns:

Premio amArte 2025 ao Mellor Espectáculo para o Xurado

  • Obra: De marzo a marzo
  • Compañía: Opaí Teatro Canido SRD (Ferrol)
  • Puntuación: 253 puntos (sobre 300)
  • Dotación económica: 500 €

Premio amArte 2025 ao Mellor Espectáculo para o Público

  • Obra: O parvo
  • Compañía: Grupo de Teatro Badius (Zas)
  • Media de puntuación do público: 4,89 sobre 5
  • Dotación económica: 500 €

Ademais, outorgáronse os Premios de Participación, dotados con 400 € para cada unha das compañías seleccionadas:

  1. Opaí Teatro Canido SRD (Ferrol)
  2. Obradoiro de Teatro da Asociación Sociocultural Muíño do Vento (Ferrol)
  3. Grupo de Teatro Badius (Zas)
  4. AC Cambre Theatro Amador “CamTheAm” (Cambre)
  5. AC Celeuma “Imaxina-T” (Narón)

A Concellaría de Cultura amosou a súa satisfacción pola excelente acollida desta primeira edición e felicitou a todas as compañías polo seu traballo, dedicación e entrega, que contribúen a dinamizar e promover o teatro amador na comarca.

Ir al contenido