Achegar o uso das novas tecnoloxías aos adultos e reducir a brecha dixital entre xeracións é o obxectivo dos cursos de smartphone e informática que pon en marcha o departamento de participación cidadá.
Será nos Centros da Arteixo, Monteagudo, Barrañán e Freán.
Ambos cursos teñen unha duración de 20 horas e costan 20€.
O período de inscrición é do 15 ao 23 de abril e comezarán na primeira semana de maio.
En caso de sorteo será o día 24 de abirl ás 10:00 h. no Centro A Baiuca
As inscricións, en ambos casos, pódense formalizar no departamento de Participación ou enviando a folla de inscrición a través de participacion.cidada@arteixo.org e no teléfono 981.659.180