Tres citas marcan o calendario cultural da fin de semana en Arteixo. As tres terán lugar no auditorio Manuel Murguía
O teatro chega da man de «Ditirambo» que pon en escena «Cartas dunha muller ausente», a historia dunha muller acode á consulta do psiquiatra para tratar un trastorno de personalidade múltiple que sofre desde que se divorciou.Como terapia, o doutor recoméndalle a escritura de cartas co obxecto de que a muller silenciada, durante o tempo que durou o matrimonio, exprese as súas emocións e prodúzase a ansiada recuperación
A cita é o venres ás 20:30h e as entradas, como é habitual pódense adquirir neste enlace
O Sábado dobre cita coa música. Ás 12:30h V Xornada de Sta Icía coa Banda Santiago de Arteixo e a Banda Xuvenil . Con acceso gratuito ata completar o aforo.
Pola tarde, ás 19h, chegan os encontros de Sta Icía co Orfeón de Arteixo e varios artistas convidados.