A vida nos pazos protagoniza a XXIII Edición da Feira Histórica Arteixo 1900 que se celebrará, como manda a tradición, na terceira fin de semana de outubro.
Esta significativa cita, os próximos 18, 19 e 20 de outubro, suporá para os visitantes revivir un dos nosos sinais de identidade xa que os pazos, misteriosos, evocadores e románticos, foron, durante séculos, residencia de nobres e fidalgos de gran poder económico. Arteixo garda no seu territorio varios e senlleiros exemplos destas edificiacións e o seu estilo de vida.
A programación inclúe, para iso, unha ampla oferta de espectáculos musicais e teatrais, así como exposicións e unha gran oferta de postos de artesanía e alimentación.