Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Publicación da distribución PROVISIONAL de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2024/2025

/ Publicación da distribución PROVISIONAL de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2024/2025

Comunícase a distribución PROVISIONAL de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2023/2024 que comprende desde o 15 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025
Do mesmo xeito, lembramos que as entidades ou grupos que utilizan as instalación para a competición federada deberán presentar o calendario de competición no Servizo Municipal de Deportes á maior brevidade posible. A utilización das instalacións deportivas municipais suxeitaranse ao previo pagamento do prezo público estabelecido na ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa por prestación do servizo público do complexo deportivo municipal de Arteixo, prestación de servizos noutras instalacións deportivas e outros servizos análogos.
Lembramos que segundo o artigo 13 do Regulamento de Instalacións Deportivas Municipais publicado no BOP de 6 de novembro de 2015, transcorrido o tempo de utilización previsto e autorizado para unha actividade concreta, os protagonistas deberán abandonar o espazo deportivo puntualmente, máxime se hai outras actuacións sucesivas.

Do mesmo xeito, en horarios de adestramento, as bancadas non se abren ao público agás que exista excepcionalmente unha autorización do SMD, non podendo estar nas pistas deportivas nada máis que aqueles xogadores, técnicos, directivos e outro persoal auxiliar oficialmente autorizado. É obrigatoria a asistencia do adestrador, do delegado, do directivo ou do profesor durante o desenvolvemento do adestramento e doutras actividades físico- deportivas, así coma a presenza dun responsable maior de idade durante o uso dos vestiarios.
Prégase que si algún módulo horario concedido non vai ser utilizado, se comunique á maior brevidade posible ao Servizo Municipal de Deportes.

Ver horarios

 

Ir al contenido