Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Subvencións para actividades e equipamentos culturais durante o ano 2024

/ Subvencións para actividades e equipamentos culturais durante o ano 2024

O Concello de Arteixo fai pública, tras a súa publicación no BOP Nº 140 do 22 de xullo de 2024, a convocatoria de subvencións para actividades e equipamentos culturais durante o ano 2024 ao abeiro das bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva que fora publicada no BOP Nº 215 do 16/12/2020.

O obxecto é apoiar as entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades así como na adquisición de equipamentos para as programacións que desenvolvan en materia de cultura.
O prazo de solicitude finaliza o 21 de agosto de 2024.

As solicitudes poden facerse de forma telemática a través da sede electrónica, no Rexistro Xeral do Concello e na forma establecida na Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Ir al contenido