O CiM organiza unha nova edición do seu curso de «Defensa persoal Feminina» da man da escola Krav Maga.
A demanda de edicións anteriores propicia que, nesta ocasión, o curso amplíese a mozas a partires dos doce anos de idade.
Trátase dunha actividade é gratuita que terá lugar o próximo 23 de marzo de 10.15h a 14h no Pazo dos Deportes.
Nestas sesións practicarase as posicións básicas de seguridade, aprender a soltarse de diferentes tipos de agarres e diferentes casos prácticos que poden acontecer en espazos reducidos.
As prazas son limitadas.
As inscricións realizaranse a través do CIM de forma presencial ou a través do correo muller@arteixo.org.