Os últimos ciclos de secundaria e bacharelato dos centros de ensino da localidade estiveron convidados hoxe pola mañá ao acto de presentación de
MANUEL MURGUÍA. HOMENAXE, no Auditorio do Centro Cívico Manuel Murguía de Arteixo, no Paseo Fluvial.
Estiveron presentes María Dubra, concelleira de cultura; Xosé Amancio Liñares Giraut (coordinador da edición) que explicou o seu contido; Armando Requeixo, en representación do Centro Ramón Piñeiro; e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, que pechou o acto.
Esta publicación é unha edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP)-Xunta de Galicia en conmemoración do centenario do falecemento do historiador e polígrafo. Na publicación faise un rescate dun fragmento do nº 246 de Galicia (“Revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires”, xuño, 1933), que recolle unha solemne homenaxe tributada a Murguía en Bos Aires, onde se inclúe como parte esencial a edición facsimilar da crónica dese evento, así como unha descrición e análise do contido da mesma, preparada por Amancio Liñares Giraut, coordinador da presente edición e director do Ámbito de Estudos en Historia Contemporánea do CRPIH.
Este libro compleméntase cunha Presentación, asinada polo Consellleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, Román Rodríguez González, e cuns
Anexos, que reproducen o Discurso de Manuel Murguía nos Xogos Florais de Tui (1891); o artigo “Manuel Murguía, o gran precursor”, de Francisco
Fernández del Riego; Cronobiografía (de Teresa Monteagudo Cabaleiro e Luís Alonso Girgado) e máis unas ilustracións murguinianas achegadas por Siro López.
Outros actos
“Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo) o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 2 de febreiro de 1923 (Cf. Galipedia)” tivo un gran compromiso coa cultura e a identidade de Galicia. Por este motivo o concello de Arteixo, a través da Concellería de Cultura, organizou e participou o ano pasado en distintos actos honrando a figura do Patriarca das Letras.
Para pechar esta efeméride, o Pleno da Corporación aprobou, por unanimidade, nomear ao Centro Cívico Cultural de Arteixo como CENTRO
CÍVICO CULTURAL DE ARTEIXO MANUEL MURGUÍA, como lugar de referencia e máis identificado co movemento cultural e co eido literario galego, así como pola súa proximidade ao lugar de onde partía súa nai (Balneario) cando tivo lugar o seu alumbramento.
Ademáis, como peche deste longo ano (2 febreiro 2023-2 febreiro 2024), pretendeuse implicar aos infantes e a mocedade no coñecemento dunha figura
tan importante para Galicia e tan relacionada coa historia local, con actividades que procuran a inmensión da xente máis nova na cultura do seu pobo.
Por este motivo o concello tamén organizou as visitas ao alumnado de 1º de primaria do CEIP de Arteixo do Sr. Murguía (actor Jose Losada) para explicar quen foi e que representa para as letras galegas este persoeiro. Estas visitas se repetirán durante toda a vindeira semana en todos os centros educativos de primaria do término municipal (14 visitas dirixidas a uns 300 alumnos/as).
Ao remate de cada “contacontos escenificado”, se lles entregará aos presentes un exemplar do libro Os Bolechas, as miñas primeiras Letras Galegas de Pepe Carreiro e adicado ao 1º fillo predilecto do Concello de Arteixo Manuel Murguía.