Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os pilotos Roberto Blach e Mauro Barreiro acenderon un Nadal cheo de actividades

/ Os pilotos Roberto Blach e Mauro Barreiro acenderon un Nadal cheo de actividades

O concello de Arteixo iniciará a súa programación de Nadal cun acto de encendido das luces, que será realizado de maneira simbólica pola parella formada polos pilotos Roberto Blach e Mauro Barreiro.

Será o día 1 de decembro as 19.00 horas na plaza do Balneario.

No mesmo acto producirase a chegada de Papá Noel acompañado por un espectáculo da escola de baile Tempo 154 e haberá reparto de chocolate con churros aos asistentes.

 

O Nadal de Arteixo chega tamén acompañado dun tradicional mercado de Papa Nöel que abrirá as súas portas o mesmo día 1 de decembro ás 19.30h

A programación inclúe, ademáis, a tradicional Feira do Galo, que á parte do concurso onde se premia os mellores galos da comarca tamén intervirán os cantantes César Romero e Diego Moreira. A Feira do Galo celebrarase o sábado 23 de decembro pola mañá na praza do Balneario. Amenizará a feira cos seus pasarrúas “TRISKELL” , e sobre as 13.30 realizarase a entrega de premios e  o sorteo de galos.

CONCURSO DE ESCAPARATESOs mellores escaparates dos comercios de Arteixo recibirán premios en metálico trala elección realizada por un xurado especializado. A inscripción poderase realizar entre o 1 e o 14 de decembro.

FIN DE ANO. O concello tamén organizará unha festa de fin de ano, que consistirá en charangas e pasarrúas polas rúas de Arteixo entre as 18.00 e as 21.00 e a actuación da orquesta París de Noia e Disco Impacto con DJ Bermúdez na praza do Balneario a partir da 01.00h

Ir al contenido