Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Xurxo Souto exercerá de mestre de cerimonias na entrega do XXX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

/ Xurxo Souto exercerá de mestre de cerimonias na entrega do XXX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

O acto terá lugar o próximo 14 de maio ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo

Setenta orixinais presentáronse á XXX Edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. O próximo venres, 14 de maio, danse a coñecer os gañadores.

O xurado, composto por Álex Mene Pazos (terceiro premio na 29ª edición), Beatriz Maceda Abeleira (escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Inma Otero Varela (crítica representante da Asociación Galega da Crítica) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (neste caso por orde alfabética de título):

A caverna de Lara, presentado baixo o lema “Moura do Bosque”

As orfas daquel verán, presentado baixo o lema “Maggie Moon”

Xanelas, presentado baixo o lema “Rosalía Pousada”

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 2000 € para o segundo e 1000 € para o terceiro. Aumentan, por tanto, o segundo premio en 500 € e o terceiro en 400 €.

A organización agradece de novo as colaboracións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica para a constitución do xurado, o que non deixa de consolidar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego.

O acto de entrega contará coa actuación musical de Xurxo Souto, quen ademais conducirá o acto. O evento incluirá tamén unha lembranza da figura de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Previamente inaugurase o Paseo das Letras, unha homenaxe a todos/as as persoas gañadoras destes 30 anos de galardón mediante a súa propia placa conmemorativa; tamén será plantada unha árbore, como vén sendo habitual en cada aniversario. Por outra parte, aquelas que acudan ao evento poderán desfrutar dunha escultura de Dores Polo e Benito Freire situada perante a fachada do Centro Cívico Cultural de Arteixo, que foi instalada o pasado 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do Certame de narracións breves Manuel Murguía.

 

Ir al contenido