A sala de exposicións do centro cívico de Arteixo acolle o próximo 20 de abril unha nova edición do ciclo, organizado polo CiM «A saúde das mulleres».
A saúde sexual e reprodutiva centrará esta xornada na que intervirán a Concelleira de Igualdade, sanidade, servizos sociais e educación Inés Ramos; a asesora xurídica do CiM, Cristina Martínez; e a psicóloga e sexóloga Érika Vázquez.
A cita será ás 17h e non será necesario inscribirse previamente.