O Centro Cívico de Arteixo acolle mañá martes 28 de febreiro a inauguración da exposición «Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas”
Trátase dunha mostra composta por 24 imaxes concibidas como reportaxe documental, froito do traballo do fotógrafo coruñés Diego Silva quen, ao longo de dous anos e medio, desprazouse a once dos centros especiais de emprego que forman parte da asociación para captar co seu cámara a actividade diaria de varios traballadores con discapacidade.
O obxectivo da exposición é visibilizar o emprego entre as persoas con discapacidade, amosando a súa xornada laboral nun centro especial. As cifras de paro entre as personas con dicapacidad en idade laboral supera 0 70%, unha cifra que Cegasal pretende revertir grazas ao apoio de institucións como a Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo.
Cegasal cumpriu en 2022 o 25 aniversario da súa fundación e neste tempo conseguiu importantes logros, tanto sociais como laborais. Na actualidade os 32 centros especiais de emprego que representa facturan no seu conxunto máis de 44 millóns de euros e empregan a 2.156 persoas con algunha discapacidade. O obxectivo para os próximos anos é xerar 400 postos de traballo máis e promover a creación de máis centros de emprego sen ánimo de lucro.