A Concellería de Cultura encherá de maxia, teatro e poesía as próximas semanas cunha programación cultural para todos os gustos.
A compañía Náufragos abren este novo ciclo o próximo 20 de xaneiro coa posta en escena dun espectáculo infantil sobre o trastorno do espectro autista. Trátase de «Hugo», unha obra dirixida por Gustavo del Río e protagonizada por María Rojas e Jimmi Núñez que foi galardoada na edición 2022 dos premios María Casares como mellor espectáculo infantil.
Hugo sitúa ao espectador cara a cara coa empatía e a necesidade da comunicación e de apreciar as diferencias entre personas como algo fermoso.
A venda de entradas realizarase a través do portal web ou na billeteira do CCC de Arteixo o día da función en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo. Prezo da entrada: 4 e 3 €