Parrocha Studio ocupa un local no centro de Arteixo e é un estudo de animación dirixido por Xosé Zapata. Despois de gañar con Monkey o Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, grazas ao apoio da Deputación da Coruña regresa a Arteixo cunha longametraxe, «Os Demos de Barro» dirixida por Nuno Beato, tamén nominada aos Goya 2023. A película está calificada a partir de 7 anos. A técnica de animación empregada nesta longametraxe é a de stop-motion e todas as persoaxes que aparecen na película foron elaboradas íntegramente no estudio de Arteixo.
O venres 13 de xaneiro realizaranse dous pases, o primeiro pola mañá, ás 11:00 h para o alumnado dos institutos de Arteixo, no que aparte de poder ver o filme tamén visionarán un vídeo no que se mostra cómo foi o proceso de elaboración dos bonecos, presentada por algún dos profesionais que participaron nela (Isabel Naveira é a actriz que da voz á protagonista da película), e contaremos tamén coa participación de Laura Zapata, xefa de producción da película e David Saborido, animador.
O segundo pase será pola tarde, ás 20:30 h. A entrada será con invitación que se poderá adquirir a través da web: https://eventosarteixo.com ou 1 h antes do comezo da proxección, ás 19:30 h.
Na páxina web do proxecto podes acceder ao trailer e información do filme:
https://osdemosdebarro.myportfolio.com/inicio-1
E aquí podes ver unha entrevista da TVG feita no estudio durante a elaboración dos bonecos:
https://drive.google.com/file/d/1l5SaXssJyt7DFcQm9o0SuDo3TNKCxRfT/view?usp=share_link
SINOPSE OS DEMOS DE BARRO:
Rosa naceu no campo, pero un día mudouse á cidade e convertiuse nunha muller de éxito. A súbita morte do avó que a criou, fai que Rosa volva á súa vila natal cun sentimento de culpa por non ter correspondido a ese amor. Grazas a unha serie de cartas e indicacións, Rosa descubre que seu avó deixoulle encargada unha misión importante que a reconciliará consigo mesma e coas persoas que a rodean. Rosa entra nun mundo poboado de criaturas fantásticas, animais silvestres, e unha vida na que o ritmo das estacións e a axuda mutua son o máis importante.