Os Reis Magos velverán a Arteixo do 2 ao 5 de xaneiro de 2023. A comitiva real percorrerá todas as parroquias entre os días 2 e 4 e prepara o tradicional percorrido polas rúas do núcleo urbano de Arteixo para o día 5.
As súas maxestades recibirán á rapazada no Pazo dos Deportes. O Concello abrirá o día 2 un formulario para pedir cita para que os nenos que o desexen podan falar con algún dos reis a xornada do día 5. O formulario permitirá escoller unha hora entre as que estén dispoñibles. En cada cita poderán acudir un mínimo de 2 persoas (1 adulto/a e 1 cativo/a) e un máximo de 5 persoas entre grandes e pequenos/as (máximo 2 adultos/as e 3 cativos/as).
A Concellería de Cultura abre ademáis a posibilidade de participar como figurante da cabalgata. Os interesados xa poden inscribirse cubrindo o formulario dispoñible neste enlace.