No marco da programación do 25N Día Internacional contra a violencia de xénero, o sábado 26 de novembro, o CIM pon en marcha a IV Andaina contra a violencia de xénero como unha forma de sacar o tema á rúa e dar a cara contra a violencia.
A convocatoria, de marcado carácter familiar e con opcións para todos os públicos, diríxese á toda a poboación de Arteixo.
O obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a violencia machista en todas as súas formas e darlle a oportunidade á xente de Arteixo de sair á rúa a mostrar o seu rexeitamento.
A saída será na Cuberta do campo da festa ás 10 da mañán. É precisa a inscrición previa que se pode facer vía on line ou no CIM ata o día 24 de novembro ás 13.00h. O propio día da Andaina, dende as 9 da mañán e ata as 09.45 entregarase un obsequio identificativo ás 350 primeiras persoas inscritas.
Terá un percorrido circular duns 4 km polas rúas urbanas de Arteixo, apto para todos os públicos.
Á chegada contaremos coas actuacións de Estíbaliz Veiga, monologuista, e con Esther Souto, cantautora.
Rematarase a mañán cunha chocolatada para todas as persoas participantes co fin de coller folgos para seguir camiñando contra a violencia de xénero.
As personas interesadas poden inscribirse neste enlace.