Maxia de gran formato cunha posta en escena espectacular. Euforia é a proposta que o xoven mago galego Dani Polo trae a Arteixo este próximo venres.
Trátase dun espectáculo único, cun ritmo trepidante e cargado de humor onde todo é posible: dende persoas que aparecen ou se cortan pola metade, ata espectadores que conseguen voar.
As entradas, a 4 e 3 €, poderanse adquirir en horario de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do comezo da función.