O Concello de Arteixo comunica as prazas vacantes nas Escolas Deportivas Municipales a data de 30 de setembro de 2022 logo da finalización do período de matrícula. Para solicitar as prazas vacantes deberase seguir o seguinte procedemento a partir do 1 de outubro:
- A formalización da matrícula poderá realizarse exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas); ou a través da dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito
- Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal
Consulta o procedemento de inscrición e normativa no Tríptico informativo