Mellorar a calidade de vida das coidadoras de maiores, menores ou persoas con discapacidade; e tratar de minimizar as problemáticas nas tarefas de coidado así como troporcionar un tempo de espazo propio para elas é o obxectivo dos talleres dirixidos a mulleres coidadoras que pon en marcha a Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do Concello de Arteixo, a través do CIM, e coa colaboración de Fundación Mujeres.
Será todos os xoves, entre o 6 de outubro e o 3 de novembro, en horario de 16 a 18 h no centro de Maiores de A Baiuca.
Para poder participar é preciso anotarse previamente no Centro de Información ás Mulleres, na Avenida do Balneario, 10- baixo.
Máis información no teléfono 981601415.