Tras dous anos de parón, a festa do Santiago Apóstolo de Arteixo regresa con máis forza que nunca. Un ambicioso repertorio con 7 días de celebración que inclúe desde verbenas coas principais orquestras de Galicia, o concerto do Xacobeo co artista arxentino TRUENO, sesións vermús, actuacións circenses ata diversas actividades en colaboración con entidades locais como: IA ORA TAHITÍ GALICIA coa súa exhibición de Danza Polinesia, a BANDA DE MÚSICA SANTIAGO DE ARTEIXO, o ORFEÓN ARTEIXO e a ASOCIACIÓN CULTURAL MARIANA, encargada de confeccionar as alfombras florais nas procesións.
A música é sen dúbida a principal protagonista desta festa e estará presente a través de diferentes estilos. TRUENO forma parte da nova corrente de artistas cunha visión propia sobre o sentido próximo do RAP a nivel rexional. Competiu en batallas de freestyle, chegando en 2019 a ser o campión das edicións de Red Bull Batalla dos Galos e Freestyle Master Series, as competencias máis importantes. Ese ano tamén logrou ser o freestyler con máis vistas no mundo. En 2020, editou o seu primeiro álbum de estudo “Atrevido” o cal logrou a certificación de “Cuádruplo Platino”. As entradas para esta actuación están agotadas.
Por outra parte tamén imos contar con bandas que versionen a grandes artistas do noso país. DOS PÁJAROS Y UN TRÍO homenaxea a Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. Un concerto de máis de dúas horas, divertido, ameno, que combina Rock, Baladas, Rancheras, Rumbas, que debuxarán unha noite musical inesquecible.
As versións continuarán da man de REBOBINANDO, EL MEJOR POP DE LOS 80, que actuará xunto a Banda de Música Santiago de Arteixo, e das Bandas LOS ALCÁNTARA e THE TETA´S BAND que porán ritmo ás sesións vermús da Praza do Balneario o sábado 23 e o domingo 24.
O FOLK TRADICIONAL estará presente con XIRADELA e TRISKELL, dúas das agrupación folclóricas presentes en Arteixo.
As orquestras LOS SATÉLITES, MARBELLA, PARÍS DE NOIA E PANORAMA encherán o campo da festa nas verbenas do 24, 25, 26 e 27 de xullo.
Por suposto non poden faltar as actividades para público infantil. LA GATA JAPONESA, é un incríble espectáculo de equilibrios, acrobacias, maxia e moita fantasía e que levou á súa intérprete a acadar unha nominación aos PREMIOS MAX 2021 como mellor espectáculo infantil. A película JOJO RABBIT tamén é unha excelente proposta cinematográfica para maiores de 12 anos que aborda o tema do nazismo e da guerra en tono de comedia negra.
O deporte tamén ten cabida neste programa onde o ATLÉTICO DE ARTEIXO, encargado de dar o pregón neste 2022 polo seu ascenso a 3ª división despois de 18 anos, se enfrontará ao Deportivo da Coruña.