Arteixo retoma esta semana a súa cita co cinema e o ciclo Mestre Mateo.
Será o venres 17 de xuño coa proxección de «Wellcome to ma maison», un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.
A cita, ás 20:30 h no auditorio do CCC de Arteixo. Cine para maiores de 16 anos que poden recoller a súa invitación na billeteira do Centro Cívico unha hora antes do comezo da sesión.